Galicia sabe amar

Os produtos do mar en Galicia e o seu percorrido ata os nosos pratos trazan variopintos camiños que merecen a pena ser transitados no desfrute, no deleite e no coñecemento de todo o que sucede nesta travesía, que non é pouco. A Cociña do Mar en Galicia, está arraigada nunha gran tradición de sólidos cimentos, camiña cara un futuro cheo de posibilidades pero tamén de desafíos, e non o fai soa. Crece da man de outras disciplinas, formando equipo, nunha maraña case indisociable de sectores multidisciplinares que se interrelacionan e enmallan entre si dun xeito harmonicamente inevitable.

A xente do mar cociña, emprende e crea redes e tecidos de gran valor social e económico. Os cociñeiros investigan, nutríndose da ciencia e de tecnoloxía ao tempo que crean grandes proxectos empresariais. Os científicos sumérsenxe no mundo culinario e alternan o laboratorio coas aulas de cata, onde espremen as experiencias sensoriais e os consumidores convértense en “influencers” de primeira liña, cociñando, degustando e posteando obras de arte culinarias ou “real food”. Na sociedade actual, a cociña é un gran eixo transversal nas nosas vidas, que o atravesa todo, que a todos importa e a todos incumbe.

Todos temos retos que afrontar en relación #aCociñaDoMar

A Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar, desenvolve estes FOROS que tratan de crear un punto de converxencia entre todas estas disciplinas, co común denominador do mar e a gastronomía, e a súa relación cos ámbitos que van a determinar en gran medida o seu presente e sobre todo a súa evolución e futuro: Sostibilidade, Investigación & Formación, Saúde & Benestar, Territorio, Industria, etc.

O fío condutor será en todos eles #aCociñaDoMar. En cada un destes foros, afondarase na relación que ten #aCociñaDoMar coa temática a tratar, buscando a participación de todos os actores involucrados e relacionados co sector do mar e polo tanto con #aCociñaDoMar. Contarase coas xentes do mar (pescadores, mariscadoras, cofradías), investigadores, operadores turísticos, docentes e alumnos, profesionais da saúde, deportistas, periodistas gastronómicos, bloggistas, entidades e institucións do Mar en Galicia.

“ Darase máximo protagonismo ao produto e aos produtores locais, reforzando os conceptos de sostibilidade e consumo de proximidade ”

Darase visibilidade e porase en valor a gran oferta gastronómica e hostaleira de Galicia, que goza de profesionais de recoñecido prestixio.

Diferentes agrupacións de cociñeiras e restaurantes que destacan por un alto nivel nas súas cociñas e bloggistas mediáticos, que así o abalan nas súas reportaxes e publicacións. Darase máximo protagonismo ao produto e aos produtores locais, reforzando os conceptos de sostibilidade e consumo de proximidade.

Foros

Galicia sabe amar

#Saúde&Benestar

Vigo

Museo do Mar

7 de xullo (10:30 a 19:30 h)

Programa

Galicia sabe amar

#Formación&Investigación

Ourense

26-27 de outubro

Programa

Galicia sabe amar

#Territorio

A Coruña

8 de novembro

Programa

Galicia sabe amar

#Sostibilidade

Lugo

24 de novembro

Programa

Galicia sabe amar

#nasRedes

Santiago

ProgramaInscrición

Sesión inaugural

Santiago de Compostela

Hotel Monumento San Francisco

(Campillo da Costa de San Francisco 3
15705, Santiago de Compostela)

Mércores 21 de xuño (12:30)

#aCociñaDoMar

A Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar, desenvolve estes FOROS que tratan de crear un punto de converxencia entre todas estas disciplinas, co común denominador do mar e a gastronomía, e a súa relación cos ámbitos que van a determinar en gran medida o seu presente e sobre todo a súa evolución e futuro:

Sostibilidade, Investigación & Formación, Saúde & Benestar, Territorio, Industria, etc.

Patrocinadores