Yayo Daporta

Cambados, 1975.

Propietario e chef do restaurante Yayo Daporta, en Cambados. 1 Estrela Michelin. 2 Soles Repsol. Membro do Grupo Nove. Presentador e membro do xurado do programa televisivo Top Chef.

Define a súa cociña como cociña galega actualizada. Unha cociña atlántica e creativa, que parte sempre do mellor produto, prestando especial atención aos mariscos e peixes de tempada, aplicándolles as técnicas de cociña mais axeitadas e sen perder de vista a tradición. Un respecto polo produto que ven herdado da tradición familiar, pois a súa familia adícase dende hai máis de 60 anos á cría de moluscos e bivalvos na Ría de Arousa. Consegue que a súa cociña identifique a súa orixe, tan chea de sabores coma de aromas mariños, apostando sempre polo produto de proximidade.