Sergio Baamonde López

Ferrol, 1980.

Ficólogo especializado en algas mariñas pola UdC, cunha traxectoria académica e profesional vencellada ao mundo das algas mariñas galegas. Traballa como investigador da UdC principalmente no campo da sistemática, taxonomía aplicada e no desenrolo de cultivos de macroalgas de interese potencial, ademais de outros proxectos de I+D ligados ás algas mariñas. Posteriormente traballa para Tragsatec como asesor para a Consellería do Mar, como experto en algas para o apoio técnico e a formación do sector marisqueiro e para todas aquelas entidades relacionadas que precisaron implementar unha xestión sostible do recurso. Cofundador en 2014 de Algas Mar de Ardora, e dende 2018, incorporouse a Algamar como responsable técnico de I+D, coordinando o departamento comercial, a divulgación e formación. Neste mes ALGAMAR foi galardoada co PREMIO MELLOR ALIMENTO ECOLÓXICO DE ESPAÑA 2023, onde o xurado destacou a súa larga evolución en desenvolvemento dun produto e innovador do que non tiñamos antecedentes baseado na recolección de algas mariñas de forma respectuosa co medio ambiente.