Rogelio Santos

Porto do Son, 1977.

Mariñeiro, labrador e divulgador. Así se define este apaixoado do mar e defensor férreo do medio mariño. Condecorado pola Garda Civil, conferenciante educativo, colabora con biólogos e investigadores en diversos estudos da universidade.

Este mariñeiro e influencer, manexa á perfección tanto as redes do mar coma as sociais. No desempeño diario do seu traballo como mariñeiro de baixura, amosa a través das súas redes a inmesa riqueza e biodiversidade das nosas costas. O respecto polo mar e polos seus recursos é o que comparte a través dos seus virais vídeos, valores que aprendeu no seo da súa familia. O seu caderno de bitácora é visto por milleiros de persoas a diario o que o converte nun potente transmisor e divulgador pero que ademais, tamén predica co exemplo.

Os seus coñecementos do mar e das especies que nel habitan, xunto con esa especial sensibilidade polo seu entorno e o seu afán conservacionista, fan un combo perfecto para este activista do mar, mariñeiro de pro 2.0