Roberto Alonso

Vigo, 1988.

Enxeñeiro Industrial de formación, posee un Máster en Innovación Industrial e Optimización de Procesos pola Universidade de Vigo e o programa LEAD da Universidade de Stanford en Innovación Corporativa. Secretario Xeral de ANFACO-CECOPESCA, organización privada con 119 anos de historia que agrupa a mais de 255 empresas do complexo mar-industria español, incluíndo un Centro Tecnolóxico de referencia con mais de 100 investigadores.

Na súa labor profesional representa e defende os intereses dos seus asociados na búsqueda da súa competitividade empresarial, interactuando con diversos organismos (FDE, FAO, OMC) e entidades públicas, participando nos consellos consultivos da Unión Europea (LDAC, MAC, CCSUD), así como nas asociacións europeas AIPCE-CEP, ESSA e ostentando a Presidencia de EUROTHON. Igualmente participa en diversas iniciativas de innovación como a Plataforma Tecnolóxica Española da Pesca e a Acuicultura (PTEPA), da cal é Vicepresidente, ou o HUB Datalife, de recente creación en Galicia, así como colaboracións puntuais na execución e difusión de proxectos de I+D