Rafa Centeno

Lugo, 1976.

Propietario, socio e chef dos restaurantes Maruja Limón, Maruja Granuja e Centeno, en Vigo. 1 Estela Michelin. 2 Soles Repsol. Membro do Grupo Nove.

Chef autodidacta, avoga polo produto de proximidade, unha cociña con clara raíz galega, que se entremezcla con guiños a outros sabores do mundo, amosando o seu espírito creativo e aventureiro, con propostas divertidas e canallas. So coa súa visión fresca e limpa da gastronomía galega, que respecta a tradición e comprende as súas orixes, pode trasladar emoción e creatividade aos seus platos.

As lembranzas e sabores da infancia xunto con outros gustos mais vangardistas, fan da súa cociña unha proposta innovadora e nunca estática, que consegue potenciar e enxalzar o produto sen perder de vista a súa orixe.