Paloma Rueda

Directora Xerente da Fundación CETMAR, Centro Tecnológico del Mar dende hai catorce anos, fundación pública dende a cal buscan mellorar a innovación e competitividade no mundo do mar, principalmente en Galicia. Delegada Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (actualmente Consellería do Mar) entre o 2001 e o 2005.

Anteriormente, estivo adscrita como bióloga ao Servizo Agrario da Deputación Provincial de Pontevedra. É licenciada en Ciencias Biolóxicas con especialidade en Zooloxía pola Universidade de Santiago e funcionaria de carreira. Así mesmo, é diplomada en Sanidade pola Escola Nacional de Sanidade dende 1987 e ten un Máster en Avaliación de Impacto Ambiental polo Instituto de Investigacións Ecolóxicas.