Moncho Méndez

A Coruña, 1985.

Chef e propietario do restaurante Millo Orzán no centro da Coruña. Cociñeiro Galego do Ano 2022. Gañador do Desafío XChef.

A súa proposta sincera e realista, fondea as súas bases na permacultura. Do respeto polo produto de cercanía e polo propio produto en si, nace unha carta diferente cada día e mesmo en cada servizo. Auténtica declaración de intencións onde a economía circular sempre está presente.

Traballa estacionalidade e sostibilidade e iso precisamente é o que oferta. Produtos ecolóxicos para unha cociña de raza, tradicional pero divertida, que se fundamenta entre hortas locais, pequenos produtores e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.