Moisés Rodríguez

Ourense, 1982.

Cociñeiro defensor da alimentación saudable, apaixonado da horticultura e comunicador da cociña por diferentes medios e actividades (televisión, talleres, prensa…). Co-fundador da empresa Taller de Bienestar, que ten o obxectivo empresarial e humano de mellorar a saúde das persoas a través da nutrición do corpo e da mente. Aposta firmemente pola educación alimentaria dende a infancia, polo que a súa inmersión en diferentes comedores escolares forma parte da súa axenda diaria. As súas creacións eclécticas, que buscan o equilibrio nutricional, pasan a formar parte do receitario dos seus seguidores polas elaboracións sinxelas e prácticas que amosa.