La Alacena Roja

Galicia, 2013.

Premio Nacional de Periodismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro” pola elaboración da reportaxe “Porco Celta, un producto no solo para gourmets”; Premio Gastronomía de Galicia 2022 e Premio à Mellor Tarefa de Comunicación da DO Ribeiro 2023.

Grupo de comunicación integral especializado en gastronomía, alimentación, turismo e hostalería. Contan con varias canles de información, divulgación e promoción. A revista en papel é o seu soporte principal, máis contan con páxina web que actualizan a diario con noticias propias e tamén teñen unha xestión moi activa de todas as súas redes sociais.

A revista, de periodicidade bimestral e cunha tirada de 6.500 exemplares por edición, distribúese de maneira gratuíta entre diferentes sectores e establecementos, dende adegas ata tendas gourmet, aínda que o seu principal receptor é o sector empresarial e profesional da hostalería, turismo, alimentación e distribución. A maior parte da tirada, distribúese en Galicia, pero tamén chegan exemplares a Asturias, Norte de Portugal, Castela e León, Madrid e Barcelona. Tamén se atopa dispoñible en varios puntos de venda repartidos pola xeografía galega.