Javier Olleros

Suiza 1974.

Chef do Grupo Nove, propietario do restaurante Culler de Pau, na península do Grove. 3 Estrelas Michelín, 2 absolutas e 1 verde. 3 Soles Repsol. Candidato a Mellor Cociñeiro do Mundo nos Best Chef Awards 2022. Descendente de hostaleiros emigrados a Suiza, dende o seu Grove natal, vertebra o seu proxecto vital.

A súa cociña, baseada no producto e na temporada reivindica a sostibilidade e a estacionalidade. Busca conectar sentidos e emocións. Non cociña un entorno se non que o recupera a través de pequenos produtores, produtores locais e principalmente do seu propio horto ecolóxico, que conta con 2.500Ha onde cultiva distintas especies vexetais e recupera variedades case extintas.

Colabora coa Misión Biolóxica de Galicia, o que lles permite levar o produto ata límites insospeitados. A investigación e experimentación diaria neste laboratorio vexetal ao aire libre, trasládase ao comensal en cada prato.