Iñaki Bretal

San Sebastián, 1977.

Propietario e chef do restaurante O Eirado da Leña, en Pontevedra. 1 Estrela Michelin. 1 Sol Repsol. Membro do Grupo Nove. Nominado a Cociñeiro do Ano en 2015.

Propietario e xestor de outros negocios de restauración tanto dentro coma fora das fronteiras galegas, como unha tapería, un catering para eventos, e outros restaurantes… fan que este cociñeiro por vocación e cociñado a lume lento, percorra anualmente máis de 90.000kms.

De pais galegos, veu a Galicia con oito anos e séntese tan galego coma o que máis, pois lévao no sangue pero tamén na súa cociña, de claras raíces galegas e mariñeiras, á que engade tamén sabores de outras partes do mundo que combinan á perfección. Fiel defensor dos sabores naturais e auténticos, do produto local e de tempada, conseguiu en O Eirado da Leña, mesturar harmoniosamente a paixón de súa nai pola cociña e o amor de seu pai polo mar.