Ignacio López Balboa

Santiago de Compostela, 1952.

No desenvolvemento da súa carreira profesional, exerceu como cirurxián cardiovascular, en coidados intensivos e coidados coronarios. Comunicador en saúde, nos últimos tempos, exerce como Director en esRadio Galicia / Libertad Digital, como presentador e colaborador de “A Revista” na RTVG e é o actual director/presentador de “Falando de Saúde”, en CorreoTV.

Ao longo da súa extensa carreira profesional, sempre estivo vinculado como non podía ser doutro xeito á sanidade pero tamén ao mundo da empresa e á rama da comunicación e do márketing. A combinación destas disciplinas levouno a ostentar numerosos cargos, como director, xerente, conselleiro asesor, e en relacións institucionais entre outros, tanto no sector público coma privado, así como en diversas fundacións.