Gonzalo Rodríguez

Santiago de Compostela, 1975.

Xogador de baloncesto na súa xuventude, leva adestrando equipos de baloncesto de todas as categorías dende hai vinte e sete anos.

Durante os últimos dezaseis anos, adícase ao adestramento profesional e de élite en Archena, Murcia, e os últimos trece anos, no Monbus Obradoiro, onde exerce de adestrador axudante do equipo. Ademais desta actividade profesional, participa como poñente en multitude de charlas a nivel internacional, onde fala da xestión de grupos, educación e como non, do baloncesto. Imparte cursos e mentoring online para adestradores de todo o mundo.

Antes de adicarse ao balonceso profesional, diplomouse en Maxisterio e licenciouse en Psicopedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela, cidade na que tamén desempeñou durante oito anos a labor de mestre de primaria e psicopedagogo.