Eloy Figueira

Rianxo, 1986.

Nutricionista e divulgador especializado en nutrición infantil e lonxevidade.

Dende os seus primeiros pasos como nutricionista, apostou pola educación alimentaria e non polas dietas convencionais, creando e dirixindo así un proxecto que abarca todo o territorio galego denominado “Sana el hoy vive el mañana”. Este proxecto ten como obxectivo comprometer e empoderar ós escolares cunha alimentación saudable e sostible, educando así adolescentes e futuros adultos nun maior compromiso coa súa saúde e a do planeta que os sostén, o cal dará os seus froitos ao longo de toda a súa vida. Como profesional da nutrición, sempre apostou polo produto de proximidade, pois entende que nel podemos encontrar todos os nutrintes necesarios para vivir mais e mellor.