Andrea Vázquez

O Carballiño, 1981.

Licenciada en Farmacia, Máster en cosmética e dermofarmacia e avaliadora de seguridade de produtos cosméticos. Dende hai quince anos, leva a dirección técnica de Luvenor Lab, un laboratorio de cosmética localizado en O Carballiño, dende onde se elaboran cosméticos para diferentes marcas tanto de Galicia coma do resto de España e o estranxeiro. En Luvenor Lab adícanse ao deseño, desenrolo e produción de todo tipo de cosmética, especialmente centrada na cosmética de alta gama e cosmética natural. Ao longo da súa traxectoria, elaboraron gran cantidade de produtos cosméticos nos que se incluíron activos mariños e tamén participaron en diversos proxectos de I+D centrados na valorización de subprodutos de industrias alimentarias mariñas, para a obtención de ingredientes cosméticos. Contan con distintos selos de certificacións ecolóxicas e contan coa certificación de boas prácticas na fabricación dos seus produtos cosméticos.