Amalia Gallego

Vigo, 1963.

Directora de Comunicación no Balneario de Mondariz dende hai preto de vinte anos, onde dirixe a estratexia de comunicación, a relación cos medios e a imaxe de marca. Estudou na Universidade Complutense de Madrid. Membro de DIRCOM, Asociación da Prensa e Asociación Galega de Periodistas e Escritores de Turismo de Galicia.

Dende os seus inicios, comezando na redacción do Faro de Vigo, compaxinou o mundo da empresa coa comunicación, encargándose dos gabinetes de prensa de Galicia Moda, Gene Cabaleiro, Mundo Novias, Carolina Herrera o Roberto Verino. Tras abandoar o decanato de prensa galega no ano 1999, aposta amplamente pola comunicación de empresas, primeiro no sector da moda a partir da firma de moda infantil Pili Carrera e máis tarde no sector do turismo, inaugurando Talaso Atlántico de Baiona e posteriormente asumindo o cargo que actualmente rexenta no Balneario de Mondariz. Nunca quixo abandonar a súa relación coa prensa diaria e dende fai anos, encárgase dos suplementos de Educación e Sociedade do Atlántico Diario.