Maribel Quiroga Berdeal

Docente e investigadora vocacional. Licenciada en Veterinaria e Doctora en Anatomía Patolóxica Veterinaria, Maribel é Profesora titular de Anatomía Patolóxica Veterinaria na Facultade de Veterinaria da USC. Especialista en sanidade de animais acuáticos polo European College of Aquatic Animal Health dende 2015. Coordina o grupo de investigación de Anatomía Patolóxica Veterinaria GapaVET centrándose no estudo da patoloxía e patogenia de diversas enfermidades en especies domésticas e salvaxes e, principalmente, animais acuáticos de interese en acuicultura (rodaballo, linguado, troita, salmón…). É membro do grupo de innovación educativa XuvenCiencia que ten como obxectivo a divulgación da ciencia e a tecnoloxía especialmente entre o alumnado preuniversitario organizando o Campus de Verán XuvenCiencia e desenvolvendo actividades de formación científica orientada a profesores de ensinos medios e kits científicos para o uso nas aulas, entre outros. Experiencia en actividades de xestión académica, exercendo como secretaria do Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias e directora de departamento. Actualmente é Vicedecana da Facultade de Veterinaria.