Xoán Crujeiras, Restaurante Bido, A Coruña

Alguén cercano a Xoán nalgún momento pensou que lle podería gustar a cociña, e foi así como a casualidade levóuno a enamorarse do que é agora o seu hobbie,a súa pasión e a súa forma de vida.

Tras atoparse no seu camiño, seguiu adquirindo a experiencia en diversas cociñas de Galicia, ata conseguir un dos recoñecementos máis importantes da súa vida profesional: abrir o seu primeiro restaurante. A Estación en Cambre, co que logrou unha estrela michelín e un sol Repsol. Actualmente, compaxina o seu novo proxecto, Bido, co seu traballo coma profesor no instituto Fragas do Eume en Pontedeume, onde trata de trasladar a súa experiencia as novas xeracións de cociñeiros. Gústalle aproveitar os coñecementos, os sabores tradicionais e a súa experiencia vital como fonte de inspiración, pero partindo sempre de un bó produto.