Rosa Rodriguez , Redeira. Asociacion de Redeiras da Illa da Estrella de Corme

Leva 45 anos elaborando e reparando redes para barcos de pesca no porto de Corme en Ponteceso ( A Coruña). Nembargantes, dende o 2012 ela e outras compañeirs diversificaron o seu oficio colaborando con prestixiosas firmas de moda. En 2019 foi Loewe quen chamou á porta destas redeiras galegas. Fixeron para esta marca de luxo uns chaveiros cos nudos cos que fan as súas artes de pesca, colaboración que lles dou moitá visibilidade. Logo, no 2023, chegou Zara. Usando fíos de algodón , coa técnica coa que eles tecen as redes, estas artesanas fixeron unha colección cápsula que se esgotou en menos de 24 horas. Ahora é The Painter’s Wife, unha marca pontevedresa especializada en complementos para mascotas. As redeiras fixeron unha colección de correas e colares para cans empregando redes e aparellos de pesca reciclada, proxecto impulsado pola Fundación Artesanía de Galicia e a Consellería do Mar.

A pesar de toda esta visibilidade e vías de negocio, o seu traballo fundamental segue a ser as redes de pesca.