Nieves Medina

Xove (Lugo).

Socia Propietaria de CONSERVAS ARTESANAS CURRICÁN.

Nieves ven dun mundo profesional alleo ao mar. Foi xefa de proxectos de interiorismo para colectividades e tamén traballou en loxística de exportación ata que aterrixou en Burela e descubriu a maravillosa conserva de bonito, que na zona se facía de forma artesanal. Nese momento dou un salto de vida constituíndo , xunta a dúas socias máis en 2012 CONSERVAS ARTESANAS CURRICÁN, S.L.

“Cociñar despacio para quen ten presa”

Dende o seu pequeno obrador, este grupo de mulleres inquedas que nunca deixan de aprender, poñen empeño, traballo e ilusión na posta en valor da materia das nosas costas, facéndose oco no mercado gourmet nacional e incluso con presencia en tendas gourmet de Bélxica, Austria, Francia ou Corea do Sur.

Aínda que o seu buque insignia é a conserva de bonito do norte, cada día aumentan o seu catálogo incorporando novas referencias como a conserva de polbo, ostras e unha gama de platos elaborados que van dende o marmitako, bonito con tomate, calamares en tinta, fabas con polbo ata platos para os máis pequenos ou maiores da casa para que non deixen de tomar peixe, como as albóndigas de de bonito ou platos tradicioanais como o bonito en rolo.