Moncho Bargo, Restaurante Pracer Zalaeta.

Moncho, leva 15 anos entre fogóns. Pasaron longos anos dende que compaxinaba a cociña co seu propio negocio de hostelería, ou rexentaba a súa tenda de música.

Esta combinación de cociña, rúa e música son os piares sobre os que sustenta a súa personalidade de cociñeiro.

Desenrola a súa cociña en Baleares, Edimburgo e Coruña. E nesta terra natal na que comeza a dirixir um dos grupos hosteleiros de maior traxectoria dos últimos anos, colaborando coa creación e posta en marcha de marcas coma Spoom, O Tio Xan e Fire Capitano, donde exerce como director ata que se converte en pai.

En 2016 decide desenrolar o seu proxecto de negocio de hostelería co que gaña o premio Invictus ao mellor proxecto hosteleiro de Galicia, grazas o cal se dan os primeiros pasos para crear o proxecto do restaurante Pracer, da man do seu compañeiro Javier Freijeiro