Martín Mantilla

Sober (Lugo).

Chef no restaurante Berso.

Formouse na cociña na Escola de Hostelería da Fundación Belarmino Fernández Iglesias, onde cursou un ciclo medio de cociña e gastronomía, e no Isfpvesta da Rexión de Murcia cursou o Superior de Hostelería e formación pedagóxica e didáctica para profesores de FP. Imparte formación para distintas empresas e formacións. Tamén formou parte do CRAEGA.

O seu restaurante nace das vivenzas da infancia coa súa avóa Carlota. De esta forma comezou a súa pasión pola cociña que e fai que na casa da súa avóa naza Berso, onde pretende recordar os nosos avós con olores e sabores da infancia, recuperando recetas e técnicas de antaño, e combinándoo con técnicas modernas. Apostando polo comercio e a materia prima de proximidade, pola sostibilidade, polos alimentos naturales e ecolóxicos e por cultivas súas propias hortalizas certificadas polo CRAEGA.