María Maceiras, A mariñeira Tiktoker.

María estivo sempre relacionada co mundo mariño, xa que a súa familia era mariñeira, aínda que ela nunca pensou que se adicaría tamén a esta profesión. Foi a súa parella quen probou no sector acompañando aos pais de María, e convencéndoa finalmente para cursar estudos do mar e adentrarse ela tamén mar adentro.

Nas súas primeiras incursións, María comezou a grabar vídeos das cousas alucinantes e interesantes que o mar lle ensinaba, comezando a ganar fama ata que decidiu dar o salto a rede social Tik Tok, onde se comezou a viralizar.

Este éxito levóuna a ser recoñecida coma unha dos 100 Xóvenes Talentos no Basque Culinary e a recibir prémios como o Premio Nacional de Gastronomía Talento Xoven Alimentos de España ou, máis recentemente, no 2019, o Permex de Marisqueo a Pé.