María Couto

Técnica especialista en hostelería e turismo, Diplomada en Turismo e Máster en Nutrición Humana da universidade de Salamanca.

Empezou no mundo da Hostelería con 16 anos e dende entonces pasou por empresas como o gran hotel da Toxa, o Rich de Madrid, Mugarich, Arzak, e o Celler de can Roca.

É docente de formación profesional da familia profesional de Hostalería e Turismo na especialidade de Servizos de Restauración dende fai 24 anos e fai 8 emprendeu un proxecto empresarial na Praza de Abastos de Santiago de Compostela onde teñen cinco pequenos postos de restauración, cada un coa súa personalidade propia dende os que pretenden dar a coñecer a nosa gastronomía e a nosa cultura galega.