Manolo Blanco

Foz (Lugo).

Xerente de Pescados Rubén.

Manolo Blanco é o xerente de Pescados Rubén S.L., empresa fundada polo seu pai, Rubén.

Pescados Rubén é unha empresa líder no sector da pesca. A súa actividade principal é o suministro a grandes áreas comerciais e os mercados centrais de pescados e mariscos, en fresco, conxelado e elaborado.

Con sede en Foz, e oficinas en varias localidades (Vigo, A coruña, Avilés, Fuenterrabía…), Pescados Rubén conta cunha infraestrutura sólida, que se obtén de máis de 35 anos de traballo desenrolado. É recoñecida en cuidar a produción e o procesamento da materia prima e a xestión da entrega aos seus clientes, garantizando unha excelente relación calidade/precio.