Lucía Freitas

Santiago de Compostela, 1982.

Chef do Grupo Nove, propietaria do restaurante A Tafona e da Barra Gastronómica Lume, ambos en Santiago de Compostela. Estrela Michelín. 2 Soles Repsol.

Presidenta de Honor de WIG (Women in Gastronomy, Xapón).

Moi xoven Lucía Freitas trasládase a Bilbao decidida a cursas seus estudos de cociña a man de un dos mellores profesionales do País Vasco. Despois, con empeño por continuar a súa aprendizaxe, trasládase a Barcelona, para estudar na Escola de Postres do Restaurante Espai Sucre.

Posteriormente traballa en determinados restaurantes para seguir aprendendo, destacando: Celler de Can Roca; Bohío e Mugaritgz. Foi neste último onde descubriu o mundo verde e das hortas, e a filosofía do produto de proximidade que tanto marca o seu traballo.

Despois dunha estancia na cociña do restaurante Bens d’Avall, decide voltar para a súa terra natal para facer o seu soño realidade: abrir o seu propio restaurante chamado A Tafona. Aos tres meses da súa apertura, gaña seu primeiro premio no concurso de tapas de Santiago (que gañou 5 veces máis):

No 2016 obtivo o o segundo posto no concurso nacional de “Cociñeiro do Ano”. No 2016, internacionalízase co seu proxecto “Tomiño” en Nueva York, e no ano seguinte reforma A Tafona, converténdose nun proxecto distinto que fai que consega a estrela michelín tan só un ano despois.