Javier Freijeiro, Restaurante Pracer Zalaeta.

Os 15 anos traballados de Javier lévano a estar en distintas localizacións, coma Baleares, Valencia, Canarias e San Sebastián, recibindo neste último formación da man de Txuno Etxaniz e formando parte do equipo de Mirador de Ulía.

En 2007 volta a Galicia, a A Coruña, pasando polas cociñas de A Mundiña, Monte San Pedro e La Bodeguilla de Santa Cristina, onde desenrola a adaptación á cociña de mercado durante 4 anos. Pasa entón a dirixir as 5 cociñas do grupo Huerto.

Compaxina este traballo de xestión co seu propio espazo na TVG e tamén como formador en cursos de cociña. Actualmente está implicado, xunto con Moncho Bargo, no seu propio restaurante, Pracer.

Define o seu estilo como purista, defensor do produto local, do pequeno comercio, da cociña con sabor, do que te transporta a niñez e te fai viaxar.