Jacobo Rodríguez Hermida

Jacobo Rodriguez Hermida, Xefe do Departamento de Hostalería e Turismo do CIFP de Vilamarín, Ourense.

Jacobo formouse no mesmo centro no que exerce como docente e Xefe do Departamento de Hostalería e Turismo, o CIFP de Vilamarín, un referente en formación de hostalería da Comunidade.

Ademáis da sua labor como docente, a súa traxectoria profesional pasou por varios establecementos recoñecidos na nosa gastronomía, como o Restaurante Galileo ou Hotel Auriense.

Na sua formación como docente está especialmente sensibilizado, polas novas tendencias e técnicas que se poidan aplicar á gastronomía e a industria alimentaria, así como a creación.