Iván Domínguez, Restaurante Nado, A Coruña

Iván comezou o seu percorrido na Mariña española, traballando durante 15 anos nas cociñas do buque Marqués de la Ensenada, tralo cal decidiu formarse no IES Fragas do Eume. Todo iso levóuno a dirixir as cociñas de prestixiosos restaurantes coma Casa Marcelo *, Loxe Mareiro ou o grupo Amicalia (Alborada*, Arallo Taberna, Ánima e Albastaster). No ano 2019 abre NaDo, o seu proxecto máis personal na cidade de A Coruña, súa cidade natal, e convírteo na súa casa.

A súa cociña é unha cociña contemporánea, atlántica, atenta as novas técnicas pero posta á disposición da despensa que oferta a terra e o mar de Galicia.