Higinio Diaz

Profesor de Cocina IES DE FOZ.

A traxectoria profesional de Higinio sempre estivo ligada á cociña . Nacido en Santander, onde cursou os seus estudos de Hostelería, desenvolveu xa como profesional da cociña a súa labor en distintos establecementos hostaleiros ligados a zonas costeiras e turísticas onde o produto do mar sempre foi o protagonista. Nas súas xeografías o mar sempre ao seu carón, Santander, Mallórca, Lanzarote, etc..Ata que nos anos noventa chega á Mariña Lucense e inicia o seus propio negocio combinando esta actividade con o seu traballo como xefe de cociña noutros establecementos da Mariña e no Hospital Da Costa. Actualmente e dende o ano 2000 é profesor de FP de Cociña e encargado do Servizo de Comedor no IES DE FOZ, posto onde a sostibilidade non só se aplica como máxima, senon que tamén se ensina.