Héctor López

Lugo, 1978.

Chef do Grupo Nove, propietario do restaurante centenario e familiar España, en pleno centro de Lugo. 2 Soles Repsol.

Xoven, inquedo, humilde e con unha mente aberta, en constante evolución e con gañas de aprender día a día. Con dedicación e mimo polo que fai.

Empezou traballando no restaurante da súa familia dende moi xoven. Despois de cursar os seus estudos no Centro Superior de Hostelaría de Santiago, decidiu empaparse do que estaba facendo no España e o fixo da man de Pedro Subijana e Toño Pérez, entre outros. Dende hai algúns anos centróuse na cociña do restaurante España, onde a día de hoxe intenta rexuvenecer a cociña de Lugo.