Fabián Mouzo Vimiances, Pazo de Vilaboa, Culleredo.

Fabián defínese a sí mesmo coma un enamorado da hostelería en xeral, e da cociña e o mundo dos viños máis particularmente. Estudou Cociña e Dirección de sala no IES Paseo das Pontes. Comezou a súa traxectoria profesional no Pazo de Vilaboa, pasando despois por varios hoteis e continuando a súa vida laboral en destinos internacionais como Italia e Suíza. Da cidade helvética volveu aos seus orixes no Pazo de Vilaboa, a que di que sempre foi a súa casa e no que leva xa 7 anos ata a actualidade.