Diego López

Lugo.

Pascuais Eventos.

Cando termina os estudos de bacherelato comeza a súa formación en hostelaría durante 5 anos, primeiro no CSHG e posteriormente na escola de hostelaría de San Xillao. Neste periodo compaxina diferentes traballos en restaurantes da zona.

Con 24 anos inaugura o seu primeiro restaurante. Lugar de Pascuais, como restaurante á carta e hospedería rural. Pasados 13 anos, no 2015, inaugura Bulló Xantar, en Lugo. Aínda que Lugar de Pascuais estivo cerrado, reabríuno no 2017 remodelado e ampliado para servizos de banquetes, da man do seu amigo e cociñeiro Iñaki Bretal. Tamén abriron o restaurante Anda, en Lugo.

Entre tanto forma parte do grupo de cociñeiros de Galician Groumet Extravaganza promocionando a gastronomía galega por diferentes cidades de europa.