Daniel Guzman &Julio Sotomayor

alt

Ourense, 1981 e 1980.

Chefs do Grupo Nove, propietarios do restaurante Nova, no corazón de Ourense. 1 Estrela Michelin e 1 Sol Repsol.

Socios e primos. Tándem de éxito nunha cociña de raíces, onde cada elaboración trata de plasmar unha base herdada dos maiores, falando de orixe e tradición pero tamén de vangarda e innovación.

Cociña sensata e natural, fundamentada en tres piares básicos: produto, tradición e técnica, deixando que o produto fale por si mesmo a través das técnicas e do propio cociñeiro, pero brindando sempre o máximo protagonismo ao produto, sen máscaras, sen artificios e que ven marcado polo mercado e a tempada. Cociña claramente de influencia atlántica, de mar e montaña.