Daniel Atanes

Daniel Atanes  ( O Carballiño, Ourense ) forma co seu irmán Camilo unha sociedade para actualizar a tradición polbeira da súa familia paterna,  unindo tradición e innovación.

Para elo no 2014 tras un par de anos  desenrolando un xeito diferente de cocción do polbo , lanzan o mercado a marca A Pulpeira, polbo cocido en valeiro co seu propio xugo. Esta innovación no mercado troca a método de cocción e venta que sobre este cefalópodo existía. Partindo de non ter nin un só cliente de polbo cocido, a vender entorno os 600 mil kilos anuais da actualidade. A innovación que presentada ven a convencer a moitos dos compradores e a moitas das empresas que xa cocían polbo, sendo este xeito de cocción tendencia na derradeira feira celebrada de Conxemar 2023 en Vigo. Para isto Frigoríficos Arcos, nome da empresa de Daniel e Camilo, buscan a mellor calidade de polbo en diferentes zonas a nivel mundial.

Iste paso cara adiante fai que A Pulpeira comercialice o polbo en todo territorio español a e sexa capaz de vender en mais de 20 países, tales como EEUU, China , Reino Unido, Holanda ou incluso Australia.