Begoña Vázquez

Chef e propietaria do Restaurante O Regueiro da Cova, en Verín Única muller que forma parte da Asociación de Chefs de “Cociña Ourense”. Begoña Vázquez é unha profesional da cociña curtida nos fogóns de recoñecidos chefs ata que decidiu instalarse na súa terra natal con proxecto propio para apostar claramente polo rural. A súa cociña é un mix de raiz e vangarda onde a proximidade, o Km 0 e no posible, ecolóxico, son os protagonistas da súa proposta