Axel Smyth

Santiago de Compostela.

Restaurante Simpar.

Axel Smith recibiu unha formación moi profunda no sector gastronómico, pasando desde o ciclo medio de cociña e gastronomía no CIFP Carlos Oroza ao ciclo superior de dirección de cociña no CIFP Compostela e tendo un máster no Basque Culinary Center especializado en técnica, produto e creatividade.

Formou parte de moitos restaurantes de renome coma Casa Marcelo, As Garzas, José Carlos García, Gaytan, Baluarte, Hispania London, Hispania Brussels ou Auga e Sal. Despois de esta longa traxectoria, decide aventurarse en solitario, abrindo xunto a súa parella, a chef Claudia Merchán, o restaurante Simpar, en Santiago de Compostela, no 2023.

Nesta nova proposta, que consta dun desplegue de 12 pratos salgados e 3 doces nos que hai un equilibrado mix de técnicas, promete apostar por un produto sobresaliente que teña poder de sedución para atraer ao comensal máis xoven que conviva co xa entregado.