Ana Isabel Perez. Marca de Calidade pescadeRías

Licenciatura en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo. Técnica Superior en Prevención de Riscos Laborais, especialidades de Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial, Ergonomía e Psicosocioloxía.
É socia fundadora de Ardora Formación y Servicios S. Coop Galega, cooperativa de traballo especializada na consultaría de proxectos no sector marítimo pesqueiro.
Conta cunha ampla experiencia no deseño, coordinación e desenvolvemento de programas de promoción e formación no sector do mar. Desde o ano 2016 coordina o equipo técnico de xestión da marca pescadeRías de onde se non? da Xunta de Galicia.