Álvaro Villasante

Lugo.

Chef no restaurante Paprica.

Natural de Palas de Rei (Lugo), Álvaro Villasante ten unha ampla traxectoria profesional desenrolada a cabalo entre Lugo e Lleida, Tenerife, Miami e Barcelona, onde tivo a oportunidade de traballar con grandes da cociña coma Sergi Arola e Ángel Palacios en “La Broche” (Miami); Gonzalo Tamames no “Rincón de Gonzalo” (Tenerife); Ramón Freixa en “Racó d´en Freixa” (Barcelona); e Óscar Sabate, en “Eth Taro” (Val d´Arán).

Finalmente, as aspiracións de Álvaro levárono a abrir o seu propio establecemento na cidade das murallas en 2007.

A utilización do produto ecolóxico e de cercanía e o equilibrio entre a gastronomía moderna e unha gastronomía tradicional, son as principais sinais de identidade da súa cociña.