Alma García, Restaurante Greca.

Clásica, ao tempo que exótica, de sempre e moderna. Así é a cociña de Alma García, unhas das patas de Greca Bar, un recanto que dende 2015 aposta polo produto de tempada e que combina nos seus pratos a materia prima local coa de importación. Membro da saga familiar que rexentou a mítica Casa Odilo da Coruña, Alma García estudou Restauración No IES Paseo das Pontes e traballou como asesora gastronómica, impartindo clases de cociña e dirección de equipos en diversos locais da cidade ata a fundación do Greca Bar en 2015, xunto con Víctor Rubio.