Alberto Fernández

Restaurante Boigorri, Allariz, Ourense (Grupo Cocina Ourense).

Vasco de nacemento e fillo de galegos emigrados ao País Vasco, Alberto reflexa na sua cociña esa mestura de euskera e galego. Dende neno coñece ben o rural ourensano e o sinte como a súa terra.

Cociñeiro formado na escola de hostalería de Galdakao en Bilbao, percorreu algún restaurante con estrela Michelín no País Vasco para finalmente cambiar a cidade polo rura e vir a Ourense a traballar e montar o seu propio restaurante en Allariz no que aunar a cociña galega e vasca . Entre as súas especialidades, os mexilóns da ría en escabeche da casa con ramallo de mar.